Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para estas datas.
Boas festas!!
jueves, 21 de diciembre de 2017
viernes, 24 de noviembre de 2017
25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste día, queremos facer visible o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia. Para iso, elaboramos entre todos un mural no que os máis peques estamparon as súas mans e o alumnado de primaria encheino de post-it nos que convidaban a loitar por un mundo de igualdade, de cidadáns libres e, en definitiva, por un mundo mellor.
Queredes ver o resultado?
Por último, deixámosvos a continuación o traballo levado a cabo por oito alumnas de 3º da ESO do IES de Cacheiras gañadoras do primeiro premio do certame Quero Cantar, promovido pola Deputación da Coruña, co tema “Son muller”.
O grupo, “Máis boas cás patacas”, transmite unha mensaxe reivindicativa sobre a procura da igualdade de xénero fundamentada nos valores de fortaleza, liberdade, resistencia e independencia das mulleres.
Adicádelle uns minutiños, merece a pena.

jueves, 23 de noviembre de 2017
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende a biblio queremos aportar o noso graíño de area para traballar temas que nos parecen sumamente importantes: a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero.
Temos varias propostas de traballo centradas nos seguintes contos: "Iriña bailarina", "Arturo e Clementina", "Rosa caramelo", "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" e "El príncipe Ceniciento".
Iriña bailarina
Arturo y Clementina
Rosa caramelo
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?
El príncipe Ceniciento

sábado, 4 de noviembre de 2017
XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN COA DIVERSIDADE FUNCIONAL
Comezamos as nosas xornadas de sensibilización coa diversidade funcional cuns convidados moi especiais.
Ana Riaño, veu dende Cantabria cos seus inseparables compañeiros de traballo, dous cans de auga, Suri e Nala. Ana ensinounos como estes cans axudan nun centro de educación especial na intervención con moitos alumnos con diversidade funcional.
Despois tivemos a sorte de experimentalo co noso alumnado.
A experiencia foi un éxito!!
Se queredes ver un pequeno resumo fotográfico da xornada podedes facelo no seguinte enlace:
REPORTAXE FOTOGRÁFICA
jueves, 2 de noviembre de 2017
SAMAÍN
É tempo de cabazas e de contos de MEEEDO!!
Martín e María leron un conto aos peques do cole moi apropiado para estas datas: "Corre, corre cabaciña".
Tamén grazas á colaboración das familias fixemos unha exposición baixo o lema "E ti, a que tes medo?"

martes, 31 de octubre de 2017
COIDAMOS O ENTORNO
Presentámosvos aos membros da Patrulla Verde do cole!!
Grazas a eles aprenderemos unha morea de cousas sobre reciclaxe.
Grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega e á nosa Patrulla Verde contamos con esta guía que nos pode resolver algunhas dúbidas sobre como reciclar.
No seguinte enlace podedes ver algunhas das actividades relacionadas co tema
RECICLAMOS?
miércoles, 25 de octubre de 2017
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Este ano adiantamos os apadriñamentos lectores deste trimestre. É unha oportunidade excepcional para que os nenos que se incorporan este curso inteaccionen cos seus compañeiros e os coñezan un pouquiño mellor. Aquí vos queda unha pequena reportaxe fotográfica.
sábado, 7 de octubre de 2017
INAUGURACIÓN DA MILLA ESCOLAR
Dentro do Programa "Móvete máis, aliméntate mellor"recibimos a visita de dúas grandes triatletas, Melina e Camila. Despois dunha interesante charla sobre hábitos de vida saudables, alimentación e deporte, inauguramos a milla escolar moi ben acompañados.
Moitas grazas polos vosos consellos chicas!!
Deixámosvos aquí o vídeo resumo.
Moitas grazas polos vosos consellos chicas!!
Deixámosvos aquí o vídeo resumo.
domingo, 3 de septiembre de 2017
BENVIDOS!!
Empeza un novo curso e xa temos todo preparado para recibir como se merecen aos nosos peques!!
Novos libros, novos proxectos e sobre todo moita ilusión e ganas de aprender!!
jueves, 29 de junio de 2017
FESTA DA ESCUMA 2017
Unha vez máis grazas a Irene, podemos contar con este fabuloso reportaxe fotográfico.
Moitísimas grazas Irene polo teu traballo!!
Para visualizalo picade enriba da seguinte fotografía
Moitísimas grazas Irene polo teu traballo!!
Para visualizalo picade enriba da seguinte fotografía
jueves, 22 de junio de 2017
RECOMENDADOS DE VERÁN
Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras para este verán.
Felices e merecidas vacacións!!
Felices e merecidas vacacións!!
LECTURAS COMPARTIDAS
Remata o curso e non queremos facelo sen antes dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración.
Este ano, a participación nas lecturas compartidas foi todo un éxito!!
Este ano, a participación nas lecturas compartidas foi todo un éxito!!
APADRIÑAMENTOS LECTORES
E para despedir o curso cun bo sabor de boca... Uns fermosos apadriñamentos lectores.
Coma sempre todo un éxito!!
Para ver a reportaxe fotográfica, picade enriba da seguinte foto.
Para ver a reportaxe fotográfica, picade enriba da seguinte foto.
viernes, 9 de junio de 2017
jueves, 8 de junio de 2017
PROXECTO VOZ NATURA
Aquí vos deixamos un resumo das actividades levadas a cabo dentro do proxecto Voz Natura.
domingo, 28 de mayo de 2017
miércoles, 17 de mayo de 2017
TRÍPTICO LETRAS GALEGAS 2017
Aquí vos van algunhas recomendacións lectoras.
Feliz Día das Letras Galegas!!
domingo, 30 de abril de 2017
VÍDEO RESUMO DOS PROXECTOS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Aquí vos vai o resumo das actividades levadas a cabo no segundo trimestre!!
miércoles, 29 de marzo de 2017
ACTUACIÓNS DE ENTROIDO
1º DE PRIMARIA
2º DE PRIMARIA
3º E 4º DE PRIMARIA
5º DE PRIMARIA
6º DE PRIMARIA
2º DE PRIMARIA
3º E 4º DE PRIMARIA
5º DE PRIMARIA
6º DE PRIMARIA
martes, 28 de marzo de 2017
ENTROIDO 2017
Grazas á colaboración de Irene, a nai de Carlota, podemos contar cunhas marabillosas fotos de entroido.
Para visualizalas ou descargar as que vos interesen picade enriba do seguinte enlace: FOTOS DE ENTROIDO
MOITÍSIMAS GRAZAS IRENE!!
miércoles, 1 de marzo de 2017
viernes, 24 de febrero de 2017
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febrero celebramos o día de Rosalía.
Os peques de 5º de infantil recítannos o poema do moucho. Mirade o ben que o fan!!
Os peques de 5º de infantil recítannos o poema do moucho. Mirade o ben que o fan!!
jueves, 23 de febrero de 2017
miércoles, 22 de febrero de 2017
DÍA DA LINGUA MATERNA
O 21 de febreiro é o día da lingua materna.
A pesares de que a gran maioría de nós somos canstelán falantes, estamos moi orgullosos do noso galego e esforzámonos por falalo.
A pesares de que a gran maioría de nós somos canstelán falantes, estamos moi orgullosos do noso galego e esforzámonos por falalo.
domingo, 19 de febrero de 2017
sábado, 18 de febrero de 2017
viernes, 17 de febrero de 2017
INCUBAMOS PATOS MUDOS
Estes días embarcámonos nun novo proxecto.
Estamos incubando ovos de pato mudo!!
Para comezar, tivemos a charla dun experto. Alberto, o pai de Anxo e de Berto veu á biblio a resolvernos dúbidas sobre como é o proceso natural de incubación de ovos así como os coidados e aspectos que debemos ter en conta para que saian os nosos patiños.
Moitas grazas Alberto!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)