sábado, 31 de octubre de 2015
domingo, 25 de octubre de 2015
XA ESTÁN EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!
O día 24 de outubro está recoñecido como o Día das Bibliotecas. Como este ano cadraba a sábado fixemos a nosa particular celebración o venres 23. Nela fixemos entrega das mochilas viaxeiras.
Esperamos que o contido sexa do voso agrado!!
E non vos esquezades de cubrir a vosa folla do caderno viaxeiro e a enquisa de valoración da actividade. É algo voluntario pero estamos moi interesados nas vosas aportacións e suxerencias. Deste modo, poderemos seguir mellorando o noso traballo.
Grazas de antemán!!
sábado, 17 de octubre de 2015
XORNADAS MICOLÓXICAS
Despois dunha clase teórica do noso experto en cogomelos (o profe Xoán), alá fomos para o Forgoselo para poñer en práctica os nosos coñecementos e disfrutar dun fabuloso día en contacto coa natureza.
lunes, 5 de octubre de 2015
OBSERVAMOS A NOSA EXPOSICIÓN DE FROITOS
Se queredes gañar algún bibliopuntiño máis nos vos esquezades de cubrir a ficha coas preguntas sobre a exposición de froitos que temos na entrada.
Se aínda non a cubríchedes podedes pasar pola biblio a recoller a vosa. Tamén vos deixamos aquí as preguntas por si queredes pedirlle axuda a papá e a mamá.
Animádevos a participar!!
As preguntas son moi sinxeliñas!!
Se aínda non a cubríchedes podedes pasar pola biblio a recoller a vosa. Tamén vos deixamos aquí as preguntas por si queredes pedirlle axuda a papá e a mamá.
Animádevos a participar!!
As preguntas son moi sinxeliñas!!
Na exposición de froitos de outono
coláronse dous intrusos. Son dúas froitas que non son desta época. Saberiades
dicir cales son?
|
|
Que diferenza hai entre unha mazá
Príncipe e unha Gran Smith?
|
|
Urraca é o nome dunha mazá ou dunha
pera ?
|
|
Escribe o nome de 3 tipos diferentes de
mazás.
|
|
Que diferenza hai entre a uva red globe
e a uva romana?
|
|
Había na exposición algún froito seco?
Cales?
|
|
Que árbores temos no cole que den
froitos no outono?
|
|
Cal é o nome do froito que che resultou
máis raro?
|
|
Que froitos non coñecías da exposición?
|
|
NOVIDADES
No estante de novidades tedes á vosa disposición unha morea de títulos novos.
Aquí tedes o listado:
Tom Gates. Excusas perfectas
Diario de Greg 5. La cruda realidad.
La reina del sueño. Tea Stilton
Guinness
world records.
Diario de Greg 3. ¡Esto es el colmo!
O planeta das curiosidades.
La abuelita gánster.
Diario de Greg 6. ¡Atrapados en la nieve!
Diario del universo.
A Terra acatarrouse.
Pompas de cores.
A nai da nai da miña mamá.
Mediomedo.
O incríble neno devorador de libros
Busca y encuentra. Princesas.
As marcas dos animais.
Sementes de papel.
As dúas casas de Alicia.
Busca y encuentra. Cars.
Papiroflexia. Iniciación.
A pantufla de Celia.
O desexo do gato Klops.
O libro dos bicos
Moranda
A avoa do ceo
Cleopatra. Raíña do Nilo.
Animádevos!!
viernes, 2 de octubre de 2015
CESTOS DE OUTONO
Chegou o outono, e igual que as follas empezan a caer das árbores os nosos libros comezan a caer dos andeis para encher os cestos e as mochilas viaxeiras.
Hoxe por fin saen para as aulas os cestos de outono. Van cargadiños de libros.
Esperamos que vos gusten!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)