viernes, 28 de noviembre de 2014

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
Pola nosa parte, o concello ofreceunos a posibilidade de participar nun concurso sobre esta temática e propúxonos o visionado dunha obra de teatro que se levou a cabo o pasado venres no noso centro. Estivo moi ben xa que a través de moito humor os actores desta obra achegáronnos á terminoloxía relacionada con este tema e xunto a eles puidemos levar a cabo varios experimentos cos que o pasamos moi ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario