lunes, 27 de octubre de 2014

ANDAINA AO FORGOSELO

O pasado luns, fomos de andaina ao Forgoselo con todo o alumnado de primaria. O obxectivo desta actividade, ademáis de pasar un día en contacto coa natureza era recoller cogomelos, identificalos e logo facer unha exposición con eles no cole.
Inicialmente, o profe Xoán, que é o noso experto en cogomelos, deunos unha charla moi interesante sobre os diferentes tipos que poderiamos atopar, os que son velenosos,...

Aínda que acabamos un pouco cansos o día estivo xenial. O tempo acompañou e atopamos exemplares do máis variado. Aquí vos vai unha selección de fotos deste día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario