domingo, 6 de abril de 2014

CONCERTO DIDÁCTICO

O venres, día 4, asistimos a un concerto didáctico a cargo da Banda de Música do Tercio Norte, no Cuartel de Dolores. Acabado o concerto e no mesmo cuartel, asistimos a unha exhibición de cans amestrados. Moitos ofrecéronse voluntarios para axudar á exhibición.
A continuación o 2º e 3º ciclos achegámonos ao Museo Naval, onde puidemos contemplar cousas moi curiosas, coma mascaróns de proa, pastecas, cois, anclas de variados tamaños e formas, cabos de todo tipo e o esparto para fabricalos,... ata puidemos ver e tocar un coche de bombeiros que era tirado por CABALOS!!!


CONCERTO E MUSEO by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario