viernes, 21 de febrero de 2014

QUE VOS PARECE SE FALAMOS COAS MANS?

O venres pasado tivemos a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre as persoas xordas. Blanca e Iván, dúas persoas xordas, e a súa intérprete ( á que lle pedimos desculpas por esquecer o seu nome)ensináronnos como é posible superar as dificultades que se atopan no seu día a día. Os máis pequeniños tiveron a sorte de que Iván lles contara un conto en lingua de signos. Grazas a él tamén aprendimos a dicir unhas cantas palabras e a falar coas nosas mans.





Por outra banda, Blanca explicou aos máis maiores curiosidades sobre a vida das persoas xordas.
Por último as dúas intervencións culminaron coa proxección dun vídeo que a continuación queremos compartir convosco. Foi moi interesante e tod@s aprendimos moitísimo!! Moitas grazas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario