domingo, 11 de febrero de 2024

11 DE FEBREIRO, DÍA DA MULLER NA CIENCIA.NO MORE MATILDAS

Aproveitando a celebración do Día da muller na Ciencia, queremos compartir con vós unha información moi curiosa. Sabedes que é o Efecto Matilda? Mirade o seguinte vídeo e o descubriredes.


                      

Dende o noso cole, queremos unirnos a este movemento de No more Matildas. Por iso, o noso alumnado de 6º está a participar nunhas xornadas de Inspira Steam. Trátase dun proxecto para o fomento da vocación científico-tecnolóxica a través das STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) enfocado principalmente ás nenas, para paliar a desigualdade que existe nestes ámbitos motivada polos estereotipos de xénero .

miércoles, 20 de diciembre de 2023

RECOMENDADOS DE NADAL

Deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para este nadal e aproveitamos para desexarvos a todos unha moi felices festas.

BO NADAL!!

Recordade que se queredes ver ben as imaxes debedes de facer clic sobre elas.























sábado, 25 de noviembre de 2023

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano participamos nas V Xornadas Escolares de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero.

Unha das actividades foi decorar mans con lemas que mostren a nosa repulsa á violencia de xénero para posteriormente expoñelas pola entrada do cole.




Ademáis o alumnado de 6º de primaria participou no vídeo que a continuación poderedes visionar.


Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria elaborou un podcast que poderedes escoitar no enlace que aparece a continuación:

Tamén o alumnado de 6º fixo unha dinámica moi interesante que lles serviu para reflexionar sobre este tema.











miércoles, 1 de noviembre de 2023

SAMAÍN

 Un ano máis decoramos a biblio acorde coas datas nas que nos atopamos. Queredes ver como quedou?











Durante a semana tivemos obradoiro de decoración de cabazas e contos de medo da man do alumnado de 6º de primaria e da profe Catu.






Tamén aproveitamos para elaborar un podcast sobre a orixe do Samaín y outro no que o alumnado debateu sobre o Samaín e o Halloween. 

Se queredes escoitar os podcast podedes facelo nos seguintes enlaces:

Orixe do Samaín

Debatimos sobe Samaín e Halloween

Ademáis, o equipo de dinamización da lingua galega propúxonos crear conxuros máxicos e quedaron moi chulos. 

Estamos feitos uns grandes feiticeiros!!

viernes, 27 de octubre de 2023

COMEZO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Estamos tremendamente orgullosos da nosa biblio e de Cascabel, a nosa mascota. 
Ademáis de por en marcha as mochilas viaxeiras, agasallamos ao noso alumnado cunha chapa da nosa mascota. 



Que ledicia ver as cariñas de ilusión coas que o alumnado  levou as mochilas!!



Para as familias que non a coñezades, presentámosvos a Cascabel, a nosa mascota.




 

martes, 24 de octubre de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA AS FAMILIAS


Aproveitando o día das bibliotecas escolares, decidimos por en marcha as mochilas viaxeiras para as familias. Comezamos polas que o curso pasado quedaron en lista de espera.
E xa estamos pensando en novos títulos para enriquecer a nosa colección!! 
Esperamos que o seu contido resulte do voso agrado!!





 

lunes, 16 de octubre de 2023

XA TEMOS EN MARCHA AOS AXUDANTES DE BIBLIO!!

Sabemos que a colaboración do noso alumnado é fundamental para poder atender a nosa biblioteca o mellor posible. Así que xa comezamos coa formación para que nos boten unha man nos recreos.

Moitas grazas rapaces e rapazas!!